jueves, 7 de febrero de 2013

1. Fabricando teselas

¿QUE É UN MOSAICO?


O mosaico é unha arte decorativa que utiliza teselas, do latín tesselae, que deriva do grego e que significa catro. Son pequenas pezas cúbicas de vidro, mármore, cerámica ou pedra que, colocadas unha ao lado da outra e encaixadas sobre unha superficie, forman imaxes ou debuxos.
A etimoloxía do nome mosaico evoca as Musas, e non casualmente, xa que o opus musivum (obra inspirada polas Musas) foi ao longo da historia fonte de inspiración para artesáns e artistas e un terreo creativo no cal se conseguiu a simbiose entre a arquitectura e a pintura e o dominio entre espazos, formas, luces e cores.
Son infinitas as adaptacións e as variacións de tema, material, cor e aplicación que se foron explorando ao longo do tempo.
O método de elaboración é o mesmo que hai séculos e, a pesar de ser unha arte moi antigo, sobreviviu ao paso do tempo e cada vez faise máis popular.


Un taller de mosaicos en el corazón del vaticano.
 


 Lixando as teselas.

1º: amasamos a masa nun cuadrado dentro dun cartón de 10cm x 1ocm.
       2º:marcamos unha liña cada un centimetro.

     3º: recortamos a masa en pequenos cuadrados axudandonos das liñas marcadas.




4º: despois de que endurecesen separamolas e lixamolas.






5º: pintamos as teselas.